Matelibros…libros en las matemáticas

Just another WordPress.com weblog

Actividades indagatorias marzo 25, 2008

Intentamos crear un blog que nos permita llevar los libros que aquí aparecen al aula. Para ello se proponen una serie de actividades que esperamos nos ayudéis a completar. Descarga los ficheros que te puedan interesar y ayúdanos a ampliar dichas actividades con tus aportaciones y comentarios.
 

2 Responses to “Actividades indagatorias”

  1. María García Banet (2º curso grao en Educación Primaria) Says:

    Esta obra cóntanos a historia de Robert,un neno ó que non lle gustan as matemáticas (cousa moi frecuente nos nenos) porque o seu profesor fai as clases intragables. Unha noite ,isto comezou a cambiar grazas a un pequeno demo que se apareceu nun soño do rapaz,con intención de facerlle ver que o mundo das matemáticas non era tan aburrido como llo pintaban na escola . Ao longo de 12 noites,o demo vaille mostrando diferentes misterios que esconde o mundo das matemáticas,ata chegar a conseguir que Robert pase de aborrecer a asignatura a disfrutar realmente cos números .
    Esta novela é unha obra que según se vai lendo,vaite metendo máis na historia,de xeito que acaba habendo dous alumnos,Robert e o lector .Tratando un tema tan complexo para mín como son as matemáticas, pareceme realmente fascinante como o autor consegue atraer a nosa atención,con eses pequenos trucos que o demo lle ensina ao rapaz,como coas ilustracións ou as actividades que se propoñen para resolver .
    A verdade é que esta obra xa me era coñecida,non por tela lido,pero en primaria houbo unha profesora que nos falou dela. Claro que nada que ver a sensación de despois de ler o libro,coa sensación de despois de escoitar falar a aquela muller. As súas clases eran teóricas ó 100% e cando introducíu o libro na aula ,fixoo como se dunha lección máis se tratase , motivo polo cal nun principio atravesei a obra.
    O certo é que me sentín moi identificada con Robert,o neno protagonista, porque cando estaba facendo a primaria non había forma nin de que me gustaran nin de que entendera as matemáticas. Supoño que en iso estiveron implicados todos aqueles que se encargaron de ensinarmas durante a miña etapa escolar. Xa me houbera gustado que algún dos meus profesores do colexio mostrara na aula esa outra cara das matemáticas, facendo ó alumno parte da investigación, e non limitándose a un monólogo diante do encerado ou do libro de texto, pasar un exame e logo lavar as mans .
    Penso que é un libro moi apropiado para nenos de primaria, para axudarlles a entender que o mundo das matemáticas non é como moitas veces o poñen,que ten cousas realmente curiosas e que eles mesmos poden chegar a descubrir se deciden iniciarse nesa aventura . E se tivera oportunidade de cruzarme con algún dos meus profesores de antes , recomendaríalle a toda costa que o lera con detemento,para que viran o que eles fixeron, e se deran conta do que realmente se pode chegar a facer cos nenos e cos números , que é verdadeiramente sorprendente .

  2. Raquel Fernández Formoso Says:

    EL DIABLO DE LOS NÚMEROS de Hans Magnus Enzensberger

    Esta obra, antes descoñecida para min, foi capaz de mostrarme outra cara das matemáticas que non coñecía ben: unha parte máis divertida, máis entretida e interesante.
    O protagonista é Robert, un rapaz que está canso de ter pesadelos polas noites e que non lle interesan moito as matemáticas, gran parte da culpa debida ao seu aburrido profesor. Ata que unha noite comeza a soñar cun estraño personaxe, o Demo dos Números, que durante doce noites se lle presentará en soños para descubrirlle outro mundo dentro das matemáticas. O neno aprenderá que esta ciencia é moito máis exacta e curiosa do que el pensaba, e dunha forma moito máis divertida que co seu profesor Bockel.
    Primeiramente, teño que dicir que é unha obra que vai gañando interese a medida que o vas lendo. Comeza de forma lenta e quizais un pouco aburrida, e dá a impresión de que vai a ser unha lección de matemáticas despois doutra, pero sorprendeume de forma agradable ver que se tornaba máis interesante conforme o libro avanzaba.
    Tódalas veces que o Demo se lle presentaba a Robert mostráballe algunha parte descoñecida das matemáticas para el, dunha maneira divertida e amena, que implicaba a Robert a participar na súa propia aprendizaxe. Así, el sentíase valorado, estas matemáticas non lle aburrían para nada e vía que aprendía moito máis rápido que na escola. Para isto, o autor do libro utilizou uns termos máis sinxelos para designar outros que si existen nas matemáticas (por exemplo: o rábano de…= a raíz de…). Nesta obra preténdese explicar as matemáticas dunha forma divertida e amena, e dunha maneira notable, relacionalas coa maxia. Un bo exemplo disto é o gran triángulo, un dos exercicios que lle mostra o Demo a Robert, no que dependendo do tipo de números que iluminara no triángulo, aparecían figuras diferentes. Pero como este exemplo, outros moitos dos que lle ensinou o Demo dos Números son case máxicos, como o das lebres, que parecía que sabían contar.
    Ademais, a maioría dos capítulos contiñan ao final da explicación do Demo dos Números algún exercicio. Estas actividades que propoñen facer están moi ben para que os pequenos (e non tan pequenos) lectores afiancen os coñecementos que aprenderon e sobre todo para descubriren por eles mesmos que é verdade o que o Demo lles está contando. Non só se utiliza linguaxe sinxelo coas matemáticas (cambiando os termos verdadeiros por outros máis comprensibles polos nenos), senón que a obra está escrita con expresións e actitudes infantís por parte do rapaz, de maneira que os nenos poidan entendela moi ben e identificarse con Robert, o protagonista, integrándose así na historia.
    Por último, só me queda recoñecer que nalgún dos exercicios sorprendéronme moito os resultados, non sabía que as matemáticas podían ser tan enrevesadas, e ao mesmo tempo, tan exactas! Por isto, en varias ocasións tiven que ler a explicación do Demo varias veces para convencerme da maxia desta ciencia.
    Ante todo, o que máis me gustou desta obra, e co que me quedo, é co seu plantexamento das matemáticas como un xogo, sendo que para min foi un martirio durante case toda a idade escolar: non as entendía, parecíanme aburridas, etc. Entón, se o plantexamento matemáticas-xogo-maxia funciona e é eficaz para que os nenos aprendan e lles interese esta ciencia, por qué non utilizalo na escola?
    Como remate, só teño que dicir que, por enriba das ensinanzas, me pareceu unha bonita historia cun final entrañable.


Deja un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

 
Seguir

Recibe cada nueva publicación en tu buzón de correo electrónico.